Logo Hijos de Rivera
Logo Hijos de Rivera
  • COMPAÑÍA
    COMPAÑÍA
    • COMPAÑÍA
      • COMPAÑÍA
      • HISTORIA
      • GOBERNO, VALORES E ÉTICA
      • INFORMACIÓN PÚBLICA
      • INNOVACIÓN
  • IMPACTO POSITIVO
    IMPACTO POSITIVO
    • IMPACTO POSITIVO
      • ORGULLO DE ORIXE E COMUNIDADE
      • ALIADOS RESPONSABLES
      • PLANETA RESISTENTE
      • PERSOAS TRASCENDENTES
      • GOVERNANZA ESENCIAL
      • MEMÓRIA DE IMPACTO POSITIVO
  • PRODUTOS
  • SERVICIOS
    SERVICIOS
    • SERVICIOS
      • DISTRIBUCIÓN
      • VENDA EN LIÑA
      • HOSTALERÍA
      • DESEÑO
  • NOVAS
  • es
  • en
  • pt
gl
  • es
  • en
  • pt
cultivo de trigo

PLANETA

Amamos a natureza; por iso, non nos cinximos só a respectala: rexenerámola. Tomamos decisións para frear a emerxencia climática, promover a economía circular, ser máis eficientes e reducir o noso consumo de recursos.

RECUPERACIÓN DE CO₂

A instalación dunha planta de recuperación de gas carbónico na nosa fábrica de cervexas permítenos incrementar a circularidade do propio proceso de elaboración: conseguimos recuperar o CO₂ que se emite de forma natural durante a fermentación para empregalo noutras etapas do proceso, co que reducimos a cantidade final de gas consumido e, en consecuencia, a nosa pegada de carbono.

cielo de fondo con el logo de hijos de rivera en la cima

RESIDUO CERO

O mellor residuo é o que non se produce, priorizamos ao máximo a súa xeración. En caso de non ser posible, buscamos a reutilización e a reciclaxe de todos eles, conforme ao noso compromiso firme coa economía circular. En 2022, incrementamos a porcentaxe de valorización de residuos nas nosas plantas, contribuíndo co obxectivo «residuo cero» que esperamos acadar moi pronto. Ademais, apostamos por materiais reciclados e reciclables, e buscamos solucións innovadoras para seguir avanzando en circularidade: por exemplo, en 2022, lanzamos Milk Stout, unha cervexa elaborada con lactosa procedente de leite de vacas galegas alimentadas co bagaño procedente da nosa fábrica.

persona llevando 6 cervezas de estrella galicia especial en su mano

NEW LIFE

Co obxectivo de dar unha segunda vida aos residuos xerados nos nosos eventos, en 2022 puxemos en marcha a iniciativa New Life. A través deste proxecto de economía circular desenvolvido conxuntamente coa plataforma WE Sustainability, os recipientes de plástico utilizados en festivais converteranse en mesas de pícnic, cadeiras e mobiliario que poderán ser usados en novos eventos, dándolles unha nova vida para seguir gozando (e reducindo a nosa pegada ambiental).

mujeres reunidas y sentadas en un parque

ECOENVASES

Traballamos para reducir a pegada medioambiental de todos os nosos envases desde a fase de deseño. Cando é posible, eliminámolos por completo –por exemplo, grazas á Cervexa de Bodega, que leva directamente o noso produto da fábrica aos establecementos, ou o No Pack, co que eliminamos por completo as embalaxes secundarias dos paquetes de seis latas– e, cando non o é, buscamos as mellores alternativas. Reducimos o peso das nosas botellas e apostamos tanto polos formatos retornables como por materiais con menor pegada de carbono, como o plástico 100 % reciclado (RPET) que empregamos en todas as nosas marcas de auga. Ademais, non nos conformamos e seguimos innovando: en Cabreiroá, pertencente ao grupo Hijos de Rivera, próximamente lanzaremos ao mercado a primeira botella vexetal.

ecoenvases de cabreiroa con fondo amarillo
Hijos de Rivera
SÍGUENOS
  • Logo Facebook
  • Logo X
  • icon Youtube black
  • icon Linkedin black
  • COMPAÑIA
  • IMPACTO POSITIVO
  • PRODUTOS
  • NOVAS
© Corporación Hijos de Rivera
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Contacto