INCONFORMISTAS DESDE 1906, B CORP DESDE 2024
En Hijos de Rivera somos B Corp, o movemento global de empresas con altos estándares de impacto social e ambiental. Porque somos inconformistas e levamos séndoo desde 1906.
As nosas raíces susténtanse no chan de Galicia. Delas agroma a nosa paixón polo que somos e polo que facemos. Esforzámonos por seguir arraigados na nosa contorna, coidando os que nela habitan e apostando pola economía local e os produtores autóctonos de cada lugar no que nos atopamos. Estamos traballando en…
ECONOMÍA LOCAL · AGRICULTURA LOCAL E SOSTIBLE · ORIXE GALEGA, CULTURA E PATRIMONIO · MANTEMENTO RURAL
PLANETA
Amamos a natureza; por iso, non nos cinximos só a respectala: rexenerámola. Tomamos decisións para frear a emerxencia climática, promover a economía circular, ser máis eficientes e reducir o noso consumo de recursos. Estamos traballando en…
ECONOMÍA CIRCULAR · EMERXENCIA CLIMÁTICA E ENERXÍA LIMPA · MOBILIDADE SOSTIBLE · COIDADO DA AUGA · BIODIVERSIDADE E ECOSISTEMAS
PERSOAS
A paixón das persoas é a que move e transforma as empresas, e tamén contribúe a mellorar a realidade fóra delas. Promover a escoita activa e coidar o benestar dos que integran Hijos de Rivera é unha das nosas prioridades irrenunciables. Estamos traballando en…
ACCIDENTES E SAÚDE LABORAL · IGUALDADE DE XÉNERO · EMPREGABILIDADE E TALENTO MOZO · EMPREGADOS AXENTES DO CAMBIO · CONSUMIDOR RESPONSABLE
ALIADOS
Como bos artesáns, mantemos vivo o espírito de axuda e comunidade propios dos gremios. Con este principio, comprometémonos a traballar xunto con provedores sostibles para que o impacto positivo estea presente en toda a nosa cadea de valor. Estamos traballando en…
CRECEMENTO RESPONSABLE · ECONOMÍA GLOCAL · CRAFTS EXEMPLARES · INVESTIMENTO DE IMPACTO · PROVEDORES RESPONSABLES · CLIENTES RESPONSABLES
GOBERNANZA
O impacto positivo maniféstase en tódalas ramas da nosa compañía a través do noso propósito, visible nas decisións que tomamos, dentro e fóra de Hijos de Rivera: os valores éticos que nos definen son firmes e guían o noso desempeño. Con este horizonte, promovemos a escoita activa, a comunicación e as relacións baseadas na transparencia e a confianza en todos e cada un dos nosos grupos de interese. Estamos traballando en…
DESEMPEÑO EN IMPACTO POSITIVO · MODELO DE GOBERNO CORPORATIVO · XESTIÓN DO RISCO · CUMPRIMENTO NORMATIVO · ÉTICA E VALORES