AVISO LEGAL
1. Datos técnicos da empresa e de contacto
Información sobre o titular do sitio web
- Razón social: Corporación Hijos De Rivera, S.L.
- CIF/NIF: B70313507
- Domicilio social: c/ José María Rivera Corral, 6 15008 A Coruña
- Teléfono: 981901906
- Enderezo electrónico: comunicación@estrellagalicia.es
- Datos de inscrición no Rexistro Mercantil: A Coruña, tomo 3435, folio 25-volto, folla C-48089, Inscrición 4ª
2. Obxecto
Estas condicións regularán o uso que o titular pon á disposición dos usuarios da web, as cales poderán ser modificadas sen aviso previo, de maneira que se recomenda a súa consulta periódica, máis aínda cando se dispoña a facer un uso efectivo de produtos e/ou servizos.
3. Condicións de acceso e uso
O acceso á web é libre e atribúelle a quen o realiza a condición de usuario, quen poderá acceder aos contidos ou incluso poñerse en contacto cos seus administradores.
A persoa usuaria debe, pois, ler, entender e aceptar estas condicións de uso antes de proceder á navegación e/ou uso dos servizos, o que suporá a súa expresa aceptación e adhesión a estas nos termos e circunstancias que se expresan a continuación: i) Compromiso de uso dilixente dos recursos, con estrito cumprimento da lexislación vixente, con respecto aos bos costumes e á «netiqueta», é dicir, ao conxunto de normas de comportamento xeral en Internet; ii) a persoa usuaria aceptará os termos e condicións ou bases de participación dun servizo ou recurso concreto cando estas fosen necesarias, o que será explicitamente requirido, de ser o caso, e iii) non poderá facer uso da web fóra dos termos aceptados por estas condicións de uso, concretamente para fins ilícitos, contrarios á moral ou á orde pública en calquera das súas expresións, ou constitutivas de delito.
De igual xeito, no caso de permitirse comentarios ou entradas de opinións, o titular non se responsabilizará en ningún caso das opinións vertidas por terceiros, aínda que reserva para si o dereito a retirar ou incluso non publicar aqueles que resulten ofensivos ou inapropiados ou, no seu defecto, cando tivese coñecemento efectivo do contido do publicado.
4. Propiedade intelectual e industrial
O titular posúe todos os dereitos sobre a web, os seus logos, estrutura, imaxes e elementos constitutivos do código obxecto, así como a programación e enxeñaría do código fonte. Todos estes elementos, ademais das publicacións incluídas, están protexidos pola normativa española e europea sobre propiedade intelectual e industrial.
Queda prohibida calquera reprodución, adaptación, modificación ou comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos da web, efectuada de calquera forma ou por calquera medio —mecánico, manual ou outro—, sen a autorización expresa do titular.
Calquera ligazón realizada á web haberá de dirixirse á home ou páxina de inicio e prohíbese realizar ligazóns profundas ou dirixidas a outros contidos distintos do mencionado. De igual xeito, queda prohibida a práctica de navegación sobre marcos ou frames.
5. Protección de datos de carácter persoal
O titular adoptou todas as medidas de seguridade, tanto técnicas como organizativas, esixidas pola normativa en protección de datos, máis concretamente segundo a Lei orgánica 3/2018 de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento 2016/679 europeo de protección de datos.
Poderá encontrarse toda a información a este respecto no apartado denominado Política de privacidade.
6. Lexislación e xurisdición aplicable
Estas condicións xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español. Calquera controversia será sometida aos xulgados e tribunais da cidade de Málaga, con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.