Logo Hijos de Rivera
Logo Hijos de Rivera
  • COMPAÑÍA
    COMPAÑÍA
    • COMPAÑÍA
      • COMPAÑÍA
      • HISTORIA
      • GOBERNO, VALORES E ÉTICA
      • INFORMACIÓN PÚBLICA
      • INNOVACIÓN
  • IMPACTO POSITIVO
    IMPACTO POSITIVO
    • IMPACTO POSITIVO
      • ORGULLO DE ORIXE E COMUNIDADE
      • ALIADOS RESPONSABLES
      • PLANETA RESISTENTE
      • PERSOAS TRASCENDENTES
      • GOVERNANZA ESENCIAL
      • MEMÓRIA DE IMPACTO POSITIVO
  • PRODUTOS
  • SERVICIOS
    SERVICIOS
    • SERVICIOS
      • DISTRIBUCIÓN
      • VENDA EN LIÑA
      • HOSTALERÍA
      • DESEÑO
  • NOVAS
  • es
  • en
  • pt
gl
  • es
  • en
  • pt
Camiones en fábrica antigua

A HISTORIA DE HIJOS DE RIVERA

Esta é a historia dun soño. O soño dun
emprendedor que, cando regresou da emigración en
América, apostou pola cervexa.

fábrica estrella galicia
Jose Maria Rivera Corral-Fundador
Botella Estrella Galicia 1906

1906

Tras emigrar a América con só 15 anos desde a súa vila nas Pontes (A Coruña), José María Rivera Corral regresa a Galicia con novos aforros e grandes ideas. Entre elas, unha un tanto exótica para a época: unha fábrica de cervexas e xeo. José María bautízaa como «La Estrella de Galicia», rememorando así o que fora o seu negocio en Veracruz, La Estrella de Oro. Ese mesmo ano, Ramón y Cajal recibe o Nobel e fúndase Aguas de Cabreiroá.

trabajadoras
Botella Estrella Galicia 1914

1914

O estalido da Primeira Guerra Mundial provoca problemas de abastecemento de lúpulo. José María Rivera Corral impulsa a investigación necesaria para cultivar o seu propio lúpulo en Galicia. Unha iniciativa pioneira tamén en España.

Etiqueta Estrella de Galicia Pilsen
Botellas Estrella de Galicia Pilsen

1920

O fillo do fundador completa a súa formación comercial en Hamburgo e é un dos primeiros españois en obter a diplomatura de Mestre Cervexeiro. Coa segunda xeración, mecanízanse os procesos de fabricación, unha decisión que se afronta en tempos difíciles, pero que será clave para o futuro. Para iso adquírese unha sala de cocementos, bañeiras de fermentación e tanques metálicos para almacenar a cervexa. Estes cambios permiten atender os aumentos de demanda como consecuencia dun proceso de paulatina aceptación popular. Pero o mundo está en pé de guerra e o negocio sofre os seus efectos cunha caída en picado da produción.

Bar Estrella Galicia 1945
Botella Estrella Galicia 1945

1945

1960

Logo do parón xeral producido polas guerras Civil e Mundial entre 1936 e 1950, a compañía goza dunha etapa de estabilidade acorde coa nova orde mundial. A cervexa comeza a formar parte dos hábitos dos españois. A demanda increméntase e por este motivo automatízase a maior parte dos procesos de produción, desde a elaboración ao embotellado, o que supón o adeus definitivo aos métodos artesanais na busca dun produto estable de características propias. Fúndase a Sociedad Española de Fomento del Lúpulo con sede en Betanzos, epicentro nacional do cultivo desta materia prima para o sector cervexeiro.

fábrica estrella galicia depósitos
Botella Estrella Galicia 1960

1960

1980

Estrella Galicia continúa nos anos sesenta coa súa liña ascendente, a produción alcanza os dez millóns de litros. A terceira xeración da familia Rivera toma grandes decisións que fan patente a necesidade de construír unha fábrica de maior capacidade. En 1967 tomouse a decisión de adquirir terreos no polígono da Grela (A Coruña). A finais de 1968 comezaron os traballos de construción da nova fábrica. Inaugúranse as novas instalacións en 1972, cando se produce o primeiro cocemento da nova cervexa Estrella Galicia Especial Rivera. Na antiga fábrica de Catro Camiños (A Coruña) mantense unha cervexería emblemática, na que hoxe en día se serven case dous millóns de canas ao ano. En 1979 incorpórase por primeira vez o formato lata, un método de envasado de cervexa claramente diferenciado que se sumou á botella e ao barril tradicionais.

tarta 75 aniversario
Botella Estrella Galicia 1980

1980

1990

Nos anos oitenta complétase a oferta de produtos e formatos, en resposta a un mercado cada día máis esixente. A aposta polo desenvolvemento da I+D desembocou na produción das primeiras cervexas extra en 1982, cunha presentación máis coidada e uns elevados niveis de calidade que obrigarían a introducir silos de fermentación e garda de tipo troncónico. En 1988 prodúcese o lanzamento da primeira cervexa sen alcohol baixo a marca Estrella Galicia Sin. Elaborada con base no procedemento de desalcoholización por osmose inversa, comezou a fabricarse en pequenas cantidades ata comezos dos noventa cando se desenvolveu a produción de cervexa a presión sen alcohol, que se presentou en barrís de 30 litros.

Botella Estrella Galicia 1990

1990

2000

A cuarta xeración toma as rendas da compañía. Arranca un proceso de expansión no mercado nacional e internacional. O lanzamento de novas cervexas (1906, River e HR) con formatos máis atractivos, como a botella longneck ou a etiqueta serigrafada, e a primeira diversificación no sector de augas minerais, participando en Aguas de Cabreiroá (1994). Neses anos, Hijos de Rivera aborda novos mercados no resto de España e Europa e danse os primeiros pasos nos Estados Unidos e México a través de acordos con distribuidores locais. É só o comezo dun proceso de expansión que chega ata a actualidade.

luna llena
Botella Estrella Galicia 2006

2000

2006

O novo século chega coa incorporación de novas empresas e marcas ao Grupo empresarial. Sidra, viño, licores, mosto ou sangría incorpóranse ao mostrario da compañía a través da adquisición de empresas como Sidrería Gallega en Chantada (Lugo) ou a adega Ponte da Boga na Ribeira Sacra (Ourense).

1906

100 ANOS

Botella Estrella Galicia 2006 centenario

2006

CENTENARIO

Hijos de Rivera celebra o seu centenario e agradécelles aos consumidores o seu apoio ao longo de todos eses anos. Eles fixeron posible que se manteña unha firme aposta pola modernidade e a innovación, conservando o carácter propio dunha empresa 100 % familiar e galega, cun marcado arraigo e compromiso coa terra da que proceden os seus produtos.

Botella Estrella Galicia 2007

2007

2012

UNHA EXPANSIÓN NACIONAL IMPARABLE

Comeza unha expansión nacional imparable e, no ámbito internacional, os produtos de Hijos de Rivera chegan a máis de 30 países de todo o mundo. Esta aposta polos mercados estranxeiros consolídase coa creación de modelos de negocio en destino con filiais en Filipinas, A China, O Xapón, Os Estados Unidos e O Brasil. Son anos de recoñecemento nos que a compañía é seleccionada para representar a España na Expo de Shanghai, entra no Foro de Marcas Renombradas e os seus produtos reciben múltiples galardóns no ámbito nacional e internacional. Son anos de propostas vangardistas como Magma de Cabreiroá ou La Tita Rivera; incorpórase Agua de Cuevas ou a sidra seca Maeloc; amplíase o mostrario de cervexas con Estrella Galicia Light e con cervexas de tempada como Estrella Xacobeo ou Estrella Galicia Selección; consolídase a rede de distribución con empresas en puntos estratéxicos e estréase o concepto Made-to-Order da man de CustomDrinks, que ofrece un servizo de personalización de produtos e formatos á medida de cada cliente.

Botella Estrella Galicia

2019

INAUGURACIÓN DE MEGA

Botella Estrella Galicia

2024

CERTIFICACIÓN B CORP

Botella Estrella Galicia

2025

INAUGURACIÓN DE MORÁS

Botella Estrella Galicia 2025

2026

HOXE

Nos últimos anos non deixamos de ampliar as nosas instalacións para responder a unha demanda crecente. Creamos para os nosos clientes e consumidores o noso propio templo, o museo Mundo Estrella Galicia. Adquirimos o manancial de Fontarel, en Granada, e aliámonos con socios estratéxicos que nos axuden a medrar fieis á nosa esencia, participando na cervexeira irlandesa O’Hara’s e na portuguesa Nortada.

Soñamos sobre rodas. Apostamos desde os seus inicios por xoves talentos do Motociclismo, como os irmáns Márquez, e da Fórmula 1, como Carlos Sainz Júnior, e ao seu carón cumprimos soños.

Somos inconformistas e por iso desenvolvemos o noso plan de Impacto Positivo baseado en catro piares: Orixe, Persoas, Aliados e Planeta. Trasladamos a economía circular a toda a nosa cadea de valor e renovamos todas as nosas embalaxes para facelas máis sostibles Ademais, adherímonos ao Pacto Mundial das Naciones Unidas e comprometémonos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Miramos cara ao futuro con ilusión e en 2022 iniciamos a construción da nosa segunda fábrica na Coruña, no polígono de Morás (Arteixo). Ao mesmo tempo expandimos aínda máis as nosas fronteiras e abrimos novas filiais internacionais como Estrella Galicia México.

  1. null
    1906
  2. null
    1914
  3. null
    1920
  4. null
    1945
  5. null
    1960
  6. null
    1980
  7. null
    1990
  8. null
    2000
  9. null
    2006
  10. null
    2006
  11. null
    2007
  12. null
    2019
  13. null
    2024
  14. null
    2025
  15. null
    2026
Hijos de Rivera
SÍGUENOS
  • Logo Facebook
  • Logo X
  • icon Youtube black
  • icon Linkedin black
  • COMPAÑIA
  • IMPACTO POSITIVO
  • PRODUTOS
  • NOVAS
© Corporación Hijos de Rivera
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Contacto