GALEGA,
FAMILIAR E
INDEPENDENTE
En 1906 o noso fundador plantou a semente dun soño. O soño de elaborar unha cervexa única e excepcional, que tivese firmes raíces na nosa terra e que todo o mundo amase. Desde entón, cinco xeracións da familia Rivera coidamos esa semente, o noso legado.
Hoxe, máis dun século despois, Corporación Hijos de Rivera é un grupo cervexeiro familiar, internacionalizado, especializado na produción, comercialización e distribución de bebidas, de capital 100 % nacional e independente, que mantén a súa sede en Galicia. Traballamos para crear o mundo no que cremos e que queremos, para o que aliñamos as nosas operacións cos dez principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas, así como cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
A NOSA MISIÓN
Ser a Big Craft máis amada loitando contra a estandarización e impactando positivamente na nosa contorna local, a sociedade e o planeta
A NOSA FILOSOFÍA
-
SOMOS BIG CRAFT Resistímonos ás fórmulas a curto prazo ou estandarizadas. Somos diferentes e queremos seguir séndoo. Traballamos fieis á nosa orixe e aos nosos valores, ao tempo que miramos cara ao futuro.
-
SOMOS FAMILIARES E INDEPENDIENTES Desde que José María Rivera Corral fundou La Estrella de Galicia en 1906, a nosa compañía medrou e diversificouse cara a todo tipo de bebidas: cervexas, augas, viños, sidras, licores… Pero as cinco xeracións Rivera posteriores mantemos o noso espírito familiar e a nosa independencia como o noso maior legado.
-
SOMOS INCONFORMISTAS POR NATUREZA Sabemos que non imos cambiar o mundo só pero facemos o posible por melloralo. E para iso baseámonos en catro eixos sobre os que se asenta a nosa estratexia de impacto: o orgullo de orixe, as persoas transcendentes, os aliados responsables e o planeta resistente
-
SOMOS DIFERENTES A nosa forma de facer as cousas é o que nos define. A creatividade e a innovación son as premisas en cada proxecto que abordamos. Para nós, o natural, é ser diferentes.
OS NOSOS VALORES
ECOSISTEMA CULTURAL
A nosa cultura é, en realidade, un ecosistema de culturas que conviven, se retroalimentan e se reforzan. E que conforman a base dos nosos valores e comportamentos como organización.