O impacto positivo maniféstase en tódalas ramas da nosa compañía a través do noso propósito, visible nas decisións que tomamos, dentro e fóra de Hijos de Rivera: os valores éticos que nos definen son firmes e guían o noso desempeño. Con este horizonte, promovemos a escoita activa, a comunicación e as relacións baseadas na transparencia e a confianza en todos e cada un dos nosos grupos de interese.
A nosa canle ética é un mecanismo fundamental para fomentar a transparencia e actuar ante calquera tipo de conduta irregular, ante as que mantemos unha política de tolerancia cero. Nesta canle, por suposto, garantimos a confidencialidade e protexemos a identidade das persoas que queren denunciar algún suceso ou algunha actitude inapropiada, algo prioritario para velar polo cumprimento tanto das leis coma do noso código de valores corporativo.