A xestión dos riscos é un elemento fundamental para mellorar o noso día a día e anticiparnos ao mañá. Traballamos de forma continua para reforzar este ámbito: actualizamos permanentemente o mapa de riscos corporativos e mantemos unha comunicación fluída cos nosos grupos de interese para integrar nel a súa perspectiva. Estamos en proceso de mellora do noso modelo de xestión, tomando como referencia o marco metodolóxico COSO ERM e ISO 31000, que promove unha visión integrada na estratexia e aliñada cos nosos principios e o noso propósito empresarial.