O diálogo cos nosos grupos de interese e a escoita activa son unha panca fundamental para xerar un impacto positivo na nosa contorna e dar resposta ás súas expectativas cunha actitude proactiva e innovadora. O noso Estudo de Materialidade, que actualizamos de forma continua, é clave para adaptarnos ás novas tendencias e aos novos requirimentos: con el identificamos os temas máis relevantes, priorizámolos e integrámolos na nosa estratexia.