Aproximadamente o 80 % do comercio global pasa polas cadeas de subministración, o que as converte tanto nun motor económico como nunha ferramenta fundamental para xerar impacto positivo. En Hijos de Rivera temos unha Política de Compras e unha Avaliación de Riscos da Cadea de Valor para escoitar e analizar o desempeño dos provedores (99 % europeos e, deles, un 82 % nacionais), detectar áreas de mellora e acompañalos no seu camiño de sostibilidade en materias como igualdade, redución de consumo de auga ou minimización de residuos.