FICHA TÉCNICA
PRODUTOS
ESTRELLA GALICIA NEGRA 0,0
Unha cervexa negra chea de sabor e carácter. Aproveitamos a plenitude sensorial dos maltes e dos lúpulos, pero esquecémonos do alcohol. Elaborar cervexa énos fácil, elaborar unha cervexa 0,0 coma esta é un reto de mestres.
É o resultado da evaporación do alcohol presente na cervexa 1906 Black Coupage logo de 30 días de maduración. Para iso empregamos unha técnica coñecida como destilación ao baleiro. Esta técnica permite moderar a temperatura de evaporación do alcohol a cambio de aplicarlle baleiro ao proceso. Deste xeito respectamos ao máximo o perfil sensorial da cervexa inicial.
Agua da cidade da Coruña
Un coupage de catro maltes (pilsen, dark, caramel e black)
Lúpulos das variedades Nugget, Sladek e Perle
Lévedo seleccionado de Hijos de Rivera
Elaborada con fermentación interrompida aplicada ás nosas 0,0 desde 2011.
Estilo:
0,0 6 Maltes
País:
España
Grao alcohólico:
0.0%
Fermentación:
Baixa
Temp. de servizo:
4-5ºC
Amargor:
25 EBU
Cor:
70 EBC
Gravidade orixinal:
6.5ºP