Planeta

Amamos a natureza; por iso, non nos cinximos só a respectala: rexenerámola. Tomamos decisións para frear a emerxencia climática, promover a economía circular, ser máis eficientes e reducir o noso consumo de recursos.

Recuperación de CO₂

A instalación dunha planta de recuperación de gas carbónico na nosa fábrica de cervexas permítenos incrementar a circularidade do propio proceso de elaboración: conseguimos recuperar o CO₂ que se emite de forma natural durante a fermentación para empregalo noutras etapas do proceso, co que reducimos a cantidade final de gas consumido e, en consecuencia, a nosa pegada de carbono.

RESIDUO CERO

O mellor residuo é o que non se produce, priorizamos ao máximo a súa xeración. En caso de non ser posible, buscamos a reutilización e a reciclaxe de todos eles, conforme ao noso compromiso firme coa economía circular. En 2022, incrementamos a porcentaxe de valorización de residuos nas nosas plantas, contribuíndo co obxectivo «residuo cero» que esperamos acadar moi pronto. Ademais, apostamos por materiais reciclados e reciclables, e buscamos solucións innovadoras para seguir avanzando en circularidade: por exemplo, en 2022, lanzamos Milk Stout, unha cervexa elaborada con lactosa procedente de leite de vacas galegas alimentadas co bagaño procedente da nosa fábrica.

New Life

Co obxectivo de dar unha segunda vida aos residuos xerados nos nosos eventos, en 2022 puxemos en marcha a iniciativa New Life. A través deste proxecto de economía circular desenvolvido conxuntamente coa plataforma WE Sustainability, os recipientes de plástico utilizados en festivais converteranse en mesas de pícnic, cadeiras e mobiliario que poderán ser usados en novos eventos, dándolles unha nova vida para seguir gozando (e reducindo a nosa pegada ambiental).

Ecoenvases

Traballamos para reducir a pegada medioambiental de todos os nosos envases desde a fase de deseño. Cando é posible, eliminámolos por completo –por exemplo, grazas á Cervexa de Bodega, que leva directamente o noso produto da fábrica aos establecementos, ou o No Pack, co que eliminamos por completo as embalaxes secundarias dos paquetes de seis latas– e, cando non o é, buscamos as mellores alternativas. Reducimos o peso das nosas botellas e apostamos tanto polos formatos retornables como por materiais con menor pegada de carbono, como o plástico 100 % reciclado (RPET) que empregamos en todas as nosas marcas de auga. Ademais, non nos conformamos e seguimos innovando: en Cabreiroá, pertencente ao grupo Hijos de Rivera, próximamente lanzaremos ao mercado a primeira botella vexetal.