A paixón das persoas é a que move e transforma as empresas, e tamén contribúe a mellorar a realidade fóra delas. Promover a escoita activa e coidar o benestar dos que integran Hijos de Rivera é unha das nosas prioridades irrenunciables.
A seguridade e o benestar son áreas clave en permanente evolución: escoitamos, investimos e melloramos para construír cada día unha contorna mellor para as persoas que forman parte de Hijos de Rivera. En 2022 lanzamos o Plan de Cultura Preventiva para analizar e implantar medidas que axuden a traballar de forma máis segura tanto aos nosos empregados como aos nosos colaboradores. Ademais, seguimos avanzando en decisións que nos axuden a ser máis eficientes a nivel organizativo e que aumenten os niveis de benestar do cadro de persoal, por exemplo, con medidas para fomentar a conciliación entre a vida persoal e laboral, como o teletraballo ou a desconexión dixital.