Carlow Brewing Company Ltd é unha cervexeira craft irlandesa independente fundada en 1996, cuxa marca máis emblemática é cervexa Stout O’Hara’s. Completa a súa gama con cervexas de tempada e edicións limitadas entre as que destacan propostas baseadas en distintos lúpulos, IPA e cervexas maduradas en barrica, sempre con materias primas naturais e unha concepción moi coidada da súa elaboración.

O’Hara’s é líder do concepto craft en Irlanda e xa exporta máis do 50 % da súa produción. Seamus O´Hara, o fundador e CEO da compañía, é presidente da Asociación de Cervexeiros de Irlanda.

En 2017 abriu un brewpub restaurante co nome de Urban Brewery no centro de Dublín e é fonte constante de innovación, así como referente europeo polo seu mostrario internacional tradicional cervexeiro.

No ano 2017 Hijos de Rivera adquiriu o 32 % da cervexeira, impulsando a súa internacionalización e colaborando no lanzamento de edicións limitadas de cervexa conxuntas.