Unha cervexa negra chea de sabor e carácter. Aproveitamos a plenitude sensorial dos maltes e dos lúpulos, pero esquecémonos do alcohol. Elaborar cervexa énos fácil, elaborar unha cervexa 0,0 coma esta é un reto de mestres.
É o resultado da evaporación do alcohol presente na cervexa 1906 Black Coupage logo de 30 días de maduración. Para iso empregamos unha técnica coñecida como destilación ao baleiro. Esta técnica permite moderar a temperatura de evaporación do alcohol a cambio de aplicarlle baleiro ao proceso. Deste xeito respectamos ao máximo o perfil sensorial da cervexa inicial.