Innovación

Somos unha empresa con ADN innovador. A innovación é un eixo crave na nosa tradición e no noso futuro. Investigar, imaxinar, crear e mellorar, permítenos desenvolvernos e abrir novos camiños.

Hibridación de
biotecnoloxía e
ferramentas 4.0

Hibridación de biotecnoloxía e ferramentas 4.0
na industria agropecuaria
para o desenvolvemento acelerado de novas formulacións.
Neste proxecto de investigación estudarase a implementación de ferramentas avanzadas de industria 4.0 para modelar un proceso biotecnolóxico, modelaxe que facilitará e optimizará os procesos de desenvolvemento para lograr unha maior calidade e funcionalidade nos produtos obtidos. Con este fin integraranse no estudo cámaras hiperespectrais e sensores NIR e para profundar a nivel molecular realizaranse métodos de cribado de alto rendemento baseados na dinámica molecular, ensaios in-vitro en sistemas encimáticos libres de células e celulares, así como en modelos celulares 3D, finalizando con análise de biodisponibilidade exvivo. Todo iso co fin de desenvolver unha metodoloxía de traballo de alta eficiencia que permita afrontar problemáticas biotecnolóxicas de alta complexidade.

Acrónimo
Hi-Bio 4.0

Nº Expediente
IN854A 2019/13

Data de inicio
1/08/2019

Data de fin
30/06/2022

Presuposto
2.123.782,87 €

Financiamento
1.452.425,02 €

Entidade financeira
O proxecto englóbase dentro do Programa Industrias do Futuro 4.0 – Fábrica Intelixente da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Participantes
Hijos de Rivera, S.A.U. e Anfaco Cecopesca.

Formulacións funcionais en novas cervexas sen alcol – 0,0F

O principal obxectivo deste proxecto é aproveitar as vantaxes biotecnolóxicas que ofrece a fermentación controlada de cereais, que ten lugar durante o proceso de elaboración da cervexa, para a partir dos seus ingredientes principais obter un produto, non só dunha elevada calidade sensorial, senón tamén que permita obter un beneficio saudable para o consumidor e que deste xeito se poida incorporar con facilidade dentro dunha alimentación e uns hábitos de vida saudables.

Data de inicio
1/09/2018

Data de fin
31/08/2021

Presuposto
966.096 €

Entidade financeira
O proxecto desenvólvese con axuda do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) do Ministerio de Industria, Economía e Competitividade e está cofinanciado pola Unión Europea (Fondos FEDER) a través do Programa Operativo de Crecemento Intelixente (2014-2020).

Oportunidades de alto valor engadido para o sector das microalgas na área atlántica – Enhance Microalgae

Participantes:

  • España: Anfaco Cecopesca, Universidade da Coruña, Algalimento, Glecex e Hijos de Rivera.
  • Portugal: Ciimar – Universidade do Porto, INL, Algas para o Futuro, Buggy Power.
  • Reino Unido: Swansea University, University of Manchester.
  • Francia: Universitè La Rochelle.
  • Irlanda: Teagasc.

Descrición:
O proxecto Enhance Microalgae expúxose para aproveitar o potencial que ten o sector das microalgas dentro do marco atlántico europeo. Nel preténdese fomentar non só a investigación, senón tamén o que empresas existentes as usen como materia prima no desenvolvemento de novos produtos e que deste xeito xurdan novas oportunidades de alto valor engadido en sectores como a biotecnoloxía, a cosmética, a nutrición, etc., para aproveitar todas as posibilidades que ofrecen as diferentes especies de microalgas, para conseguir produtos diferenciados.

Data de inicio
1/11/2017

Data de fin
31/10/2020

Presuposto
2.456.296,40 €

Entidade financeira
O proxecto englóbase dentro do Programa Industrias do Futuro 4.0 – Fábrica Intelixente da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Proxectos de Enerxía Fotovoltaica 2020-2021

Instalacións de Produción de Enerxía Térmica con Fuentes de Enerxía Renovable