Orixe

As nosas raíces susténtanse no chan de Galicia. Delas agroma a nosa paixón polo que somos e polo que facemos. Esforzámonos por seguir arraigados na nosa contorna, coidando os que nela habitan e apostando pola economía local e os produtores autóctonos de cada lugar no que nos atopamos.

Viñateiros do Atlántico naceu en 2021 para impulsar a economía local das zonas vitivinícolas galegas. Con este proxecto da distribución de Hijos de Rivera, apoiamos a recuperación de variedades de uva autóctonas de Galicia e o cultivo responsable que xera impacto positivo na nosa terra.

¿QUIERES SABER MÁS?

Creada en 2019, a Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible é unha firme alianza entre a nosa compañía e a Universidade da Coruña para fomentar a innovación na agricultura e no campo galego, orixe das materias primas coas que elaboramos os nosos produtos. A través de investigacións, seminarios e encontros, impulsamos a formación e a divulgación de modelos innovadores que garantan o equilibrio entre rexeneración medioambiental, competitividade económica e impacto social.

¿QUIERES SABER MÁS?

As Estrelas do Camiño é un proxecto co que amosamos o orgullo pola nosa terra a través da arte. Comisariada por Estrella Galicia, trátase da exposición máis extensa do mundo: 22 murais de gran formato repártense en distintas etapas dos camiños francés, inglés e portugués. Neles homenaxéase a personaxes locais, que narran as súas historias de superación vinculadas a Galicia e ao Camiño de Santiago.

¿QUIERES SABER MÁS?

É un proxecto de divulgación de iniciativas que transforman o rural galego nun lugar máis próspero, sostible e saudable. Con el, contribuímos a xerar benestar nas nosas vilas e a impulsar a economía local.

¿QUIERES SABER MÁS?