Creada en 2019, a Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible é unha firme alianza entre a nosa compañía e a Universidade da Coruña para fomentar a innovación na agricultura e no campo galego, orixe das materias primas coas que elaboramos os nosos produtos. A través de investigacións, seminarios e encontros, impulsamos a formación e a divulgación de modelos innovadores que garantan o equilibrio entre rexeneración medioambiental, competitividade económica e impacto social.