Aliados

Como bos artesáns, mantemos vivo o espírito de axuda e comunidade propios dos gremios. Con este principio, comprometémonos a traballar xunto con provedores sostibles para que o impacto positivo estea presente en toda a nosa cadea de valor.

Cervexarías Circulares é un proxecto posto en marcha por Estrella Galicia para axudar os bares a impulsar o impacto positivo nos seus negocios. Con el, acompañamos os nosos clientes na mellora dos seus procesos, tanto en locais novos –asesorándoos para ser máis eficientes– como naqueles xa consolidados, ofrecéndolles información en materia de desperdicio alimentario, redución de residuos ou de consumos enerxéticos ou de recursos.

¿QUIERES SABER MÁS?

Máis que unha tenda en liña dos produtos de Hijos de Rivera, Big Crafters é unha plataforma de apoio a produtos artesáns e a provedores que comparten os mesmos valores de calidade e impacto positivo. Con ela, axudamos a que pequenos produtores poidan ter unha canle de comercialización aliñada cos seus valores e impulsamos o seu desenvolvemento: reinvestimos un 5 % da facturación en axudar a artesáns a mellorar a súa presenza dixital e as súas vendas en liña grazas a un programa de aceleración dixital.

¿QUIERES SABER MÁS?

Lanzado por 1906, Imperfectxs é un proxecto que une a divulgación sobre gastronomía e impacto positivo a nivel ambiental, económico e social. Nel, chefs de primeira liña como Pepe Solla, Ángel León, Diego Guerrero ou Vicky Sevilla, entre outros, participan en diferentes clases maxistrais e obradoiros para concienciar acerca de cuestións como o consumo de tempada e proximidade, o desperdicio alimentario ou a saúde dos océanos.

¿QUIERES SABER MÁS?

The HOP

The Hop é un ecosistema de emprendemento colaborativo que se implica co sector da hostalería, identificando as súas necesidades e buscando solucións dixitais que poidan ser útiles para o seu negocio. En 2022, o programa finalizou a súa cuarta edición co apoio a máis de 35 proxectos pilotos entre España e Brasil, grazas aos que colaboramos con diferentes empresas emerxentes, empresas e organizacións como o MIT, a IE Business School ou AWS.