Valores e ética
Nos seguintes enlaces, poderás atopar o acceso ao noso canal ético e a todos os documentos relacionados coa nosa política de Goberno, Valores e Ética. Podes descargarte o noso Código de Valores, unha declaración expresa dos principios, valores e pautas de conduta que deben guiar e promover o comportamento ético das sociedades que conforman a Corporación en xeral e de todas as persoas que integran a mesma, en particular, así como a nosa Política do Sistema Interno de Información.
Ademais, podes acceder directamente ao noso Canal Ético e ás instrucións para poder facer uso do mesmo.
Código de Valores
Política do Sistema Interno de Información
Cuestións clave do noso Sistema Interno de Información (SII) e Canal Ético
Accede aquí ao noso canal ético
Política Ambiental
En Corporación Hijos de Rivera estamos plenamente comprometidos coa busca constante da excelencia en todos os nosos produtos, servizos e actividades, contribuíndo ao desenvolvemento sostible do contorno e ao coidado do medio natural, priorizando a sostibilidade do proxecto a longo prazo, por encima do afán de enriquecemento inmediato. Con esta política de medio ambiente queremos enmarcar o compromiso da Corporación, e de todo o seu persoal, constituíndo un marco de referencia orientado á mellora continua para protexer o medio ambiente no ámbito das nosas actividades e de acordo coas necesidades e expectativas dos nosos grupos de interese.
Política de
Ciberseguridade
En Corporación Hijos de Rivera consideramos que a información, e os elementos electrónicos para o seu procesamento, son activos críticos que deben protexerse para asegurar o seu correcto funcionamento. Por iso, elaboramos unha política de ciberseguridade orientada a xestionar eficazmente a seguridade tanto da información tratada polos nosos sistemas informáticos como das persoas e os activos, tanxibles e intanxibles, que participan nos seus procesos.
Política de
Proveedores
Os nosos provedores son un pilar fundamental no desenvolvemento do noso plan empresarial. Son os nosos socios estratéxicos e os nosos mellores compañeiros de viaxe. Xuntos traballamos desde a confianza e a honestidade, tal e como se establece no noso código de valores, resistindo unidos fronte a calquera eventualidade e, sobre todo, compartindo unha perspectiva colaborativa de co-creación na que sumamos forzas. No seguinte enlace, podes descargarte a nosa Política de Provedores.