Na historia do champaña existe un antes e un despois de Dom Pérignon. Dom Pierre Pérignon foi un monxe que consagrou a súa vida na abadía beneditina de Hautvillers a perseguir a ambición de «crear o mellor viño do mundo».
Conta a lenda que o día no que acadou o seu propósito exclamou sorprendido «Estou bebendo estrelas!»; acababa de descubrir unha bebida tan delicada que a súa fama se estendeu rapidamente por todo o reino, ata a corte de Louis XIV en Versalles.