Unha cervexa de fusión de inspiración irlandesa, mestura de catro maltes e catro lúpulos
que dan lugar a unha red ale galega con alma céltica. De cor cobre con reflexos rubí. Espuma cremosa de cor beixe. Aroma limpo, maltoso,
que lembra ás abelás e o tofe.
Sabor moderadamente tostado, con lembranzas a biscoito, froitos secos (maltes) e
lixeiramente floral (lúpulos). Con regusto amargo e fácil de beber.
1906 GALICIAN IRISH RED ALE
MATERIAS PRIMAS
Durante a maceración cóidanse ao máximo as achegas sensoriais que se buscan coa utilización do blend de catro tipoloxías de malta. Na etapa de ebulición do mosto engádense as tres variedades de lúpulo cultivado en Galicia (Nugget, Sladek e Admiral). Cando á cervexa verde réstanlle 4 días de garda realízase un dry hoping co lúpulo Provoak. Tras 24 días, La Pelirroja está lista para envasar