ORGULLO DE ORIXE E COMUNIDADE

XERAMOS IMPACTO SOCIOECONÓMICO NO NOSO CONTORNO

ACHEGAMOS

€ 1.693 m

a España, o que
SUPÓN O 0,14%
DO PIB ESPAÑOL

ACHEGAMOS

€ 481 m

A GALICIA, O QUE
SUPÓN O 1%
DO PIB GALEGO

MERCADO DA
COLLEITA

O Mercado da Colleita é unha iniciativa de compromiso social de Hijos de Rivera, cuxo propósito é a transformación do rural nun medio máis próspero, sostible e saudable. O proxecto representa o compromiso do Grupo co desenvolvemento socioeconómico do rural, xa que o futuro e a sostibilidade de ambos está intrinsecamente interconectado.

VER MÁIS

CÁTEDRA DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible ten como misión explorar modelos innovadores e disruptivos de proveito para a sociedade e que garantan o equilibrio entre a competitividade, o respecto ao medio ambiente e o avance social.

Adscrita á Facultade de Economía e Empresa da UDC e ao Campus Sostibilidade, que impulsa a excelencia no coñecemento para a transición cara a un modelo económico sostible, a cátedra abarca dúas áreas de interese:

O medio rural, debido á forte vinculación da empresa coa agricultura e o contorno natural.

A economía circular, centrándose na xestión sostible dos recursos, o ecodeseño, a valorización dos residuos e a produción e o consumo responsables.

Os eixes de actuación da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible son a investigación, a transferencia de coñecementos e a formación e divulgación, que se materializan a través de proxectos de investigación, encontros entre diferentes actores interesados, seminarios sobre experiencias e modelos de transformación socioeconómica, así como propostas de formación e divulgación no ámbito do desenvolvemento sostible.

LIGAZÓN CÁTEDRA DE DESENVOLVEMENTO

TERCEIRO SECTOR

Colaboramos con distintas entidades sociais do terceiro sector para apoiar o desenvolvemento de proxectos que lles dan cobertura ás necesidades básicas e melloran o benestar de colectivos desfavorecidos nas comunidades nas que operamos.

EN 2021 COLABORAMOS COAS SEGUINTES FUNDACIÓNS