Aviso Legal

1. Datos técnicos da empresa e de contacto

Información sobre o titular do sitio web

  • Razón social: Corporación Hijos De Rivera, S.L.
  • CIF/NIF: B70313507
  • Domicilio social: c/ José María Rivera Corral, 6 15008 A Coruña
  • Teléfono: 981901906
  • Enderezo electrónico: comunicación@estrellagalicia.es
  • Datos de inscrición no Rexistro Mercantil: A Coruña, tomo 3435, folio 25-volto, folla C-48089, Inscrición 4ª

2. Obxecto

Estas condicións regularán o uso que o titular pon á disposición dos usuarios da
web, as cales poderán ser modificadas sen aviso previo, de maneira que se recomenda a súa consulta
periódica, máis aínda cando se dispoña a facer un uso efectivo de produtos e/ou servizos.

3. Condicións de acceso e uso

O acceso á web é libre e atribúelle a quen o realiza a condición de usuario, quen poderá acceder
aos contidos ou incluso poñerse en contacto cos seus administradores.

A persoa usuaria debe, pois, ler, entender e aceptar estas condicións de uso antes de proceder
á navegación e/ou uso dos servizos, o que suporá a súa expresa aceptación e adhesión a estas nos
termos e circunstancias que se expresan a continuación: i) Compromiso de uso
dilixente dos recursos, con estrito cumprimento da lexislación vixente, con respecto aos
bos costumes e á «netiqueta», é dicir, ao conxunto de normas de comportamento xeral
xeral en Internet; ii) a persoa usuaria aceptará os termos e condicións ou bases de participación dun
servizo ou recurso concreto cando estas fosen necesarias, o que será explicitamente requirido,
de ser o caso, e iii) non poderá facer uso da web fóra dos termos aceptados por estas condicións
condicións de uso, concretamente para fins ilícitos, contrarios á moral ou á orde pública en
calquera das súas expresións, ou constitutivas de delito.

De igual xeito, no caso de permitirse comentarios ou entradas de opinións, o titular non se
responsabilizará en ningún caso das opinións vertidas por terceiros, aínda que reserva para si o dereito
Grupo Hijos de Rivera Adecuación Permanente RXPD 24 de outubro de 2022
Cláusulas Web Corporación Hijos de Rivera D-HRIVE-1003-CLA v. 1.1
a retirar ou incluso non publicar aqueles que resulten ofensivos ou inapropiados ou, no seu defecto,
cando tivese coñecemento efectivo do contido do publicado.

4. Propiedade intelectual e industrial

O titular posúe todos os dereitos sobre a web, os seus logos, estrutura, imaxes e elementos
constitutivos do código obxecto, así como a programación e enxeñería do código fonte. Todos
estes elementos, ademais das publicacións incluídas, están protexidos pola normativa española
e europea sobre propiedade intelectual e industrial.

Queda prohibida calquera reprodución, adaptación, modificación ou comunicación pública da
totalidade ou parte dos contidos da web, efectuada de calquera forma ou por calquera medio
—mecánico, manual ou outro—, sen a autorización expresa do titular.

Calquera ligazón realizada á web haberá de dirixirse á home ou páxina de inicio e prohíbese
prohíbese realizar ligazóns profundas ou dirixidas a outros contidos distintos do mencionado. De
igual xeito, queda prohibida a práctica de navegación sobre marcos ou frames.

5. Protección de datos de carácter persoal

O titular adoptou todas as medidas de seguridade, tanto técnicas como organizativas, esixidas
pola normativa en protección de datos, máis concretamente segundo a Lei orgánica 3/2018 de
protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento 2016/679
europeo de protección de datos.

Poderá encontrarse toda a información a este respecto no apartado denominado Política de
privacidade.

6. Lexislación e xurisdición aplicable

Estas condicións xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español.
Calquera controversia será sometida aos xulgados e tribunais da cidade de Málaga, con renuncia a calquera
outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.