As sidras Maeloc elabóranse con mazás ecolóxicas 100 % galegas, seguindo as prácticas tradicionais, sen adición de azucres e a partir de mosto fresco de mazá e non de concentrado. Producimos as nosas sidras só con mazás recollidas por máis de 1000 pequenos cultivadores autóctonos.
Apostamos por manter un estreito vínculo co contorno de Custom Drinks, potenciando o valor da zona de Chantada como tradicional produtora de mazá sidreira de calidade. Ademais, levamos a cabo unha firme aposta pola agricultura ecolóxica, que garante o emprego de técnicas que exclúen o uso de produtos químicos.
Hijos de Rivera iniciou a súa aposta pola sidra no ano 2001 coa adquisición dunha participación na antiga Sidrería Gallega, hoxe Custom Drinks, e foi aumentando a súa participación ata o 100 % en 2004.