Cervexa tostada, de cor ámbar escuro con reflexos alaranxados. Coroa de espuma branca, densa e persistente. O blend de maltes achega aromas a galleta e a codia de pan. As tres variedades de lúpulo bríndannos notas herbais e florais.
En boca dominan os sabores dos maltes, ben equilibrados pola presenza dos lúpulos. Unha suave dozura inicial serve de presentación para unha cervexa con lixeiras notas ácidas, axustada carbonatación, prolongado regusto amargo e un final seco. Cervexa plena e refrescante.