A nosa augardente leva Galicia no seu corazón. Hai aromas que transmiten toda a tradición dunha terra, sabores que evocan unha orixe ancestral.
Custom Drinks produce desde o ano 2005 os licores Quenza. A elaboración, 100 % natural, imita o procedemento tradicional das familias galegas que adoitan producir as súas propias augardentes e licores, aos que sempre se lles atribuíron propiedades beneficiosas para a saúde.