Política de privacidade

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?

O responsable do tratamento correspóndese co do titular do sitio web, cuxos datos
identificativos completos son: Corporación Hijos de Rivera, SL, con CIF B70313507 e domicilio
en c/ José María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña.

Con que finalidade trataremos os teus datos persoais?

Trataremos a túa información persoal coa finalidade de responder as consultas que puidesen
xurdir en relación cos nosos produtos ou servizos, a través do correo electrónico ou do número
de teléfono que nos proporciones. Tamén utilizaremos a túa información de contacto e o nome
de usuario que compartas para darlles publicidade aos comentarios que emitas no noso blog.

Durante canto tempo conservaremos os teus datos?

Os datos remitidos con motivo dunha solicitude de información conservaranse mentres sexan
necesarios para lle dar resposta á túa consulta. A información requirida para publicar o teu comentario
conservarase mentres este se manteña publicado no noso blog.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos?

Se nos fas chegar unha consulta ou decides publicar un comentario no noso blog, a base legal do
tratamento é o teu consentimento.

A que destinatarios se comunicarán os teus datos?

Os teus datos non se comunicarán a outros terceiros, excepto nos supostos legalmente esixibles, como
corpos e forzas de seguridade do Estado ou xuíces e tribunais se fosen requiridos.

Cales son os teus dereitos ao facilitarnos os teus datos?

Tes dereito a retirar o teu consentimento ao tratamento de datos, a obter información adicional,
a acceder aos teus datos, a rectificar os teus datos inexactos ou a solicitar a limitación do tratamento dos teus
datos ou a súa eliminación.
Para iso, poderás enviarnos unha mensaxe electrónica ao enderezo protecciondedatos@hriv.es ou unha
carta a c/ José María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña, á atención do Comité de Protección de
Datos. En ambos os casos, debes incluír documentación ou información que permita acreditar a túa
identidade.
Aqueles usuarios que o desexen poden presentar unha reclamación ante a Axencia Española de
Protección de Datos, accesible desde https://sedeagpd.gob.es.