Voluntariado Corporativo

actividades

SENSIBILIZACIÓN, ACOMPAÑAMENTO
E INCLUSIÓN

Son múltiples as actividades de sensibilización,
acompañamento e inclusión que realizan os voluntarios
de Hijos de Rivera cada ano.

 

Destacan, entre outras, as actividades realizadas con entidades dedicadas a mellorar o benestar de persoas en risco de exclusión social, con discapacidade ou da terceira idade. Por exemplo, acompañamento de maiores, sesións de cata de cervexa coa Fundación ONCE ou a organización e participación de xornadas de deporte solidario coa Fundación Pablo Beiro e o Club AMFIV. Cabe destacar tamén a nosa participación recorrente no Día Solidario das Empresas, un referente de voluntariado en España.

COIDADO DO MEDIO
AMBIENTE

Así, co fin de crear conciencia medioambiental e de achegar o seu gran de area na protección e recuperación do contorno, desenvolve cada ano diferentes actividades como limpezas recorrentes do litoral galego, reforestación de bosques ou retiradas de especies invasoras para a conservación da biodiversidade e das especies autóctonas, entre outros.

RECOLLIDAS

Cada ano o equipo de voluntariado de Hijos de Rivera realiza varias campañas de recollida de roupa, alimentos e material escolar entre o conxunto dos empregados e nos distintos centros de traballo da compañía. O que se recolle dóase a distintas entidades sociais para atender as necesidades das persoas máis desfavorecidas.

Ademais, tamén participamos na campaña de Cooperación Internacional «Un sorriso por Nadal», que se pon en marcha en todos os centros produtivos da empresa e coa que cada ano conseguimos levar regalos a centos de nenos necesitados nas datas do Nadal.

TERCEIRO SECTOR

Colaboramos con distintas entidades sociais do terceiro sector para apoiar o desenvolvemento de proxectos que lles dan cobertura ás necesidades básicas e melloran o benestar de colectivos desfavorecidos nas comunidades nas que operamos.

EN 2021 COLABORAMOS COAS SEGUINTES FUNDACIÓNS