

As nosas marcas son o reflexo dos nosos valores: calidade, orixe, innovación e sostibilidade. Facemos produtos diferentes, que innovan desde a tradición, respectuosos coas persoas e co medio ambiente, capaces de sorprender sempre os consumidores.
En Hijos de Rivera somos B Corp, o movemento global de empresas con altos estándares de impacto social e ambiental. Porque somos inconformistas e levamos séndoo desde 1906.
Podes seguir toda a actualidade sobre a nosa compañía a través do noso blogue MundoHR. Lanzamentos de novos produtos, eventos relacionados coas nosas marcas e patrocinios, a actividade dos nosos proxectos de impacto social, a nosa historia, cultura de cervexa e moito máis.